martes, 30 de abril de 2013

OS MAIOS

Unha vez máis chegou a data da celebración dos Maios e, como é tradición, puxémonos mans á obra para elaborar o  noso maio. Como todos os anos contamos coa colaboración das familias aportando os materiais e tamén este ano colaboraron algúns pais na súa realización. Entre pais, alumnos e mestres fomos colocando os elementos característicos dos maios: xestas, fiúnchos, ovos, laranxas...  Aquí vos deixamos unha pequena presentación para que vexades os resultados, tanto do noso como os dos outros compañeiros. Que bonitos quedaron!
Moitas grazas a todos!



domingo, 28 de abril de 2013

DIVISIÓNS

Aquí tedes unha imaxe para recordar como son os términos da división e logo se premedes na lámpada que pon divisións poderedes practicar un pouco: 


DÍA DO LIBRO

O pasado mércores celebramos no colexio o Día do Libro. A primeira hora os nenos e nenas que participaron no Club de Lectura tiveron a visita de Jacobo Fernández Serrano, autor do libro co que estiveron traballando "A pedra e as formigas".

Visita de Jacobo Fernández Serrano

A continuación asistimos a tres representacións teatrais a cargo do alumnado de 4º, 5ºB e 6ºA , (aproveitando tamén para celebrar o Día do Teatro que foi o pasado 25 de marzo).
 Parabéns polas vosas representacións!!

Deixámosvos o enlace para que poidades escoitalas de novo:

4º: " A verdadeira historia de carapuchiña"

5ºB: " O espantallo que non quería ser espantallo"

6ºA: " Farsa e xustiza do comendador"


viernes, 26 de abril de 2013

O QUEBRANOCES

 A semana pasada recibimos no cole a visita da asociación musical Musicreques coa obra "O Quebranoces" de Tchaikovsky, unha obra musical combinada con títeres que nos trasladou a diferentes países como Rusia, Exipto, China..... Gustounos moito!