jueves, 19 de diciembre de 2013

BOAS VACACIÓNS PARA TODOS/AS DE PARTE DE EUGENIA E TERESA

TAMÉN NOS GUSTARIA RECORDARVOS QUE SE TEDES TEMPO E GANAS PODEDES ENTRAR NO BLOG ceiploreto.es ONDE ATOPAREDES ACTIVIDADES PARA RECORDAR E PRACTICAR, OU EN CALQUERA DOS DA PÁXINA DO COLE.

                                       BO   NADAL


             
                                         

RECOMENDACIÓNS DE GÜINO PARA O NADAL 2013

PICADE NO ENLACE DÚAS VECES E DESCUBRIDE O QUE ESCONDEhttp://issuu.com/juliopampin/docs/recomensaci__ns_nadal_13?e=5050124/6028737

viernes, 25 de octubre de 2013

VISITOUNOS ARANTXA GARCÍA, NAI DA NOSA COMPAÑEIRA DE 3º NOA, PARA EXPLICARNOS HÁBITOS DE ALIMENTACIÓN SAUDABLES E O FUNCIONAMENTO DO NOSO CORPO... ESCOITAMOS O CORAZÓN, VIMOS O TÍMPANO E FIXEMOS MOITAS ACTIVIDADES. GRAZAS, ARANTXA

martes, 10 de septiembre de 2013



Xa logo nos ímos ver, se estades o suficiente despertos despois de esperar para ver os fogos.

BENVIDOS todas e todos. Este curso ides ser 21, chegan a nosa aula unha nena e un neno novos. Darémoslles o recibimento que merecen .


AVISO. houbo 2 esquecementos na lista de material.

               - 1 caderno tamaño folio de follas cuadriculadas.

                - 1 dicionario de lingua castelá perqueno, do tamaño do de lingua galega.        

martes, 25 de junio de 2013

Ultimo día: VACACIÓNS!!!

Chegou o día que tod@s esperábades tan ansiosos, pero para min foi un pouco triste xa que tocou despedirnos e  non volveremos a compartir  tan bos momentos como pasamos durante estos meses. Moitas grazas por todo! Botareivos moito de menos, tanto a alumn@s como mestr@s!!!! Moitos biquiños de SILVIA.



miércoles, 5 de junio de 2013

EXCURSIÓN A LUGO


Como tivemos que facer dous grupos para as visitas as fotos están en dúas presentacións, se premedes aquí podedes ver a outra :   EXCURSIÓN A LUGO




EXCURSIÓN LUGO - diapositivas

viernes, 31 de mayo de 2013

PERCORRIDO POLA VILA DE PONTEDEUME



O pasado xoves, saímos co noso plano na man e tivemos a sorte de contemplar e tocar parte dos documentos históricos que abundan na nosa vila e que nos axudan a entender como era a vida no pasado. Tamén podedes ver algunhas fotos do pasado para ver mellor a evolución da vila.



Saída por Pontedeume




 A antiga vila de Pontedeume

lunes, 13 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

Xa se acerca o Día das Letras Galegas, e como todos sabemos, este ano adícaselle a Roberto Vidal Bolaño. Se premedes na imaxe tedes unhas actividades sobre a súa biografía. Animádevos a facelas!


martes, 30 de abril de 2013

OS MAIOS

Unha vez máis chegou a data da celebración dos Maios e, como é tradición, puxémonos mans á obra para elaborar o  noso maio. Como todos os anos contamos coa colaboración das familias aportando os materiais e tamén este ano colaboraron algúns pais na súa realización. Entre pais, alumnos e mestres fomos colocando os elementos característicos dos maios: xestas, fiúnchos, ovos, laranxas...  Aquí vos deixamos unha pequena presentación para que vexades os resultados, tanto do noso como os dos outros compañeiros. Que bonitos quedaron!
Moitas grazas a todos!



domingo, 28 de abril de 2013

DIVISIÓNS

Aquí tedes unha imaxe para recordar como son os términos da división e logo se premedes na lámpada que pon divisións poderedes practicar un pouco: 


DÍA DO LIBRO

O pasado mércores celebramos no colexio o Día do Libro. A primeira hora os nenos e nenas que participaron no Club de Lectura tiveron a visita de Jacobo Fernández Serrano, autor do libro co que estiveron traballando "A pedra e as formigas".

Visita de Jacobo Fernández Serrano

A continuación asistimos a tres representacións teatrais a cargo do alumnado de 4º, 5ºB e 6ºA , (aproveitando tamén para celebrar o Día do Teatro que foi o pasado 25 de marzo).
 Parabéns polas vosas representacións!!

Deixámosvos o enlace para que poidades escoitalas de novo:

4º: " A verdadeira historia de carapuchiña"

5ºB: " O espantallo que non quería ser espantallo"

6ºA: " Farsa e xustiza do comendador"


viernes, 26 de abril de 2013

O QUEBRANOCES

 A semana pasada recibimos no cole a visita da asociación musical Musicreques coa obra "O Quebranoces" de Tchaikovsky, unha obra musical combinada con títeres que nos trasladou a diferentes países como Rusia, Exipto, China..... Gustounos moito!





viernes, 22 de marzo de 2013

XOGOS

                             
Aquí vos deixamos uns xogos por si queredes practicar un pouco co razoamento lóxico durante as vacacións! A disfrutar!!!!!

                 

domingo, 17 de marzo de 2013

VISITA POTABILIZADORA E DEPURADORA

E para rematar o tema da auga, visitamos a potabilizadora e a depuradora de Pontedeume,  donde nos explicaron todo o proceso que seguía a auga ata chegar as nosas casas e a donde ía parar de novo. Gracias ao persoal que nos atendeu aprendimos moitas cousas.  Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que foi a visita. 


Visita potabilizadora e depuradora - presentacion imagenes

domingo, 3 de marzo de 2013

ACTIVIDADES DA AUGA

                                   
ACTIVIDADE 1 

ACTIVIDADE 2

Como seguimos traballando co tema da auga, aquí vos deixamos máis  información relacionada co tema e ao final tamén tedes unhas  actividades para facer. 

viernes, 22 de febrero de 2013

A NOSA HOMENAXE A ROSALÍA


Adiós, ríos; adiós, fontes;
Adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
       Miña terra, miña terra                                  muiño dos castañares
       terra onde me eu criei                                  noites craras de luar
       hortiña que quero tanto,                              campaniñas trimbadoras
       figueiriñas que prantei                                  da igresiña do lugar

       prados, ríos, arboredas,                             amoriñas das silveiras
       pinares que move o vento,                         que eu lle daba ao meu amor
       paxariños piadores,                                    caminiños antre o millo
       casiña do meu contento,                            ¡adiós, para sempre adiós!


Hoxe foi o día de Rosalía de Castro e, coma non tivemos tempo de facer nada nas  aulas , aquí tedes unha parte do poema  ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES, no que escribe sobre o lugar onde viviu.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE

miércoles, 20 de febrero de 2013

Excursión 2º ciclo. Museos A Coruña on PhotoPeach




Visita Acuario, Domus e Casa das Ciencias on PhotoPeach

domingo, 17 de febrero de 2013

XA REMATOU

Como toda festa chega o seu fin,  o xoves despedímonos do noso" Meco" cantando a canción "Xa morreu",e así rematamos o Entroido.

domingo, 10 de febrero de 2013

FESTA ENTROIDO

O venres tivemos un día moi divertido no cole, xa que celebramos o Entroido. Empezamos facendo un desfile por ciclos para ver os disfraces de todos os nen@s e tamén dos profes, logo viñeron os gaiteiros a buscarnos para ir polas rúas do pobo ata chegar a plaza Real donde cada curso fixo a súa actuación. O rematar voltamos  ao cole donde nos estaba esperando unha gran merendola para recuperar enerxía e poder despedirnos bailoteando!! Pasámolo moi ben!!
E por suposto,moitas grazas as familias pola vosa colaboración!!





jueves, 7 de febrero de 2013

REMATARON OS MANDADIÑOS

Chegou o día en que remataron os mandadiños do esqueleto Manolo, e aquí vos deixamos  os nosos resultados con todo o que nos mandou: a garavata, os calcetíns ata os xeonllos, o nariz e meixelas pintadas e por último algo na cachola... Que guapos están estos paiasos!!!!!
 Agora a preparse para a festa de Entroido de mañá!




domingo, 3 de febrero de 2013

viernes, 1 de febrero de 2013

VISITAMOS A BIBLIOTECA MUNICIPAL


Hoxe saímos de paseo polo pobo para ir a Biblioteca Municipal. Alí estaba Alexandre, o bibliotecario, agardándonos para contarnos o que íamos ver e a continuación proxectou  un conto titulado "Marco Porconi" para un curso e "O canto das baleas" para o outro .  Foi unha pena que moitos compañeiros estaban enferm@s e non os puideron ver!









BENVID@S!!!!

Ola a tod@s!!  Dámosvos a benvida as profes Teresa (3ªA) e Silvia (3ªB). 
A partir de agora este vai ser o novo blog de terceiro, onde publicaremos cousas relevantes deste nivel como : noticias, saídas, celebracións, enlaces de interese, actividades para reforzar contidos traballados na aula, etc...
Como o curso de 3ªA xa tiña un blog e non queremos que se perda todo o seu contido, poñeremos un enlace que vos permitirá acceder a el cando queirades.